viernes, 31 de mayo de 2013

Mesturas homoxéneas e heteroxéneas

Mestura heteroxénea é aquela que presenta un aspecto diferente en distintas partes, unhas partes teñen distintas propiedades que outras. Está formada por dúas ou máis fases (compoñentes) que se distinguen a primeira ollada e contén cantidades diferentes dos compoñentes. A madeira, o granito, as rocas, area e auga, aceite e auga, a sopa de verduras, as ensaladas son exemplos de mesturas heteroxéneas.
As mesturas heteroxéneas son mesturas formadas por sustancias visiblemente diferentes, ou de fases diferentes, e presentan un aspecto non uniforme. Un exemplo é o granito. As partes dunha mestura heteroxénea poden ser separadas por filtración , decantación e por magnetismo. Nas mesturas heteroxéneas podemos distinguir cinco tipos de mesturas:
  • Suspensión grosa: Mesturas heteroxéneas formadas por partículas dun sólido, de tamaño non pequeno, que se dispersan nun medio líquido.
  • suspensións: Mesturas heteroxéneas formadas por un sólido, de pequeno tamaño, pero visibles ó microscopio, que se dispersan nun medio líquido.
  • coloides: temos un coloide cando nunha mestura as partículas dispersas non pode verse cun microscopio pero si cun ultramicroscopio, atravesan os poros dun filtro ordinario, pero son retidas por un ultrafiltro. O outro compoñente acadaría un tamaño atómico/molecular.. Entre os coloides atopamos a maionesa, xelatina, fume do tabaco e o deterxente disolto en auga.
  • Sol: Estado diluído da mestura, pero non chega a ser líquido, tal é o caso das cremas, espumas, etc.
  • xel: Estado con maior cohesión que a fase Sol, chegando a ter un aspecto semisólido pero non chega ser un estado sólido, por exemplo a xelea. 
See full size image                   
As mesturas homoxéneas son mesturas que teñen unha aparencia uniforme , non se diferencian os seus compoñentes ou sustancias que forman a mestura. Moitas mesturas homoxéneas son comunmente chamadas disolucións. As partículas destas son tan pequenas que non é posible distinguilas visualmente.
Mestura homoxénea é aquela que só presenta unha fase, ten o mesmo aspecto e as mesmas propiedades por calquera parte dela e non ven as partículas que a forman.
Existen cinco tipos de mesturas homoxéneas que son:
  • sólido - sólido
  • líquido - sólido
  • líquido - líquido
  • gas - líquido
  • gas - gas
As características das mesturas homoxéneas son:
  • o seu aspecto uniforme (homoxéneo)en todas as súas partes,
  • os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio,
  • non sedimentan,
  • atravesan todos os filtros, e
  • os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos.
See full size image

No hay comentarios:

Publicar un comentario