martes, 28 de mayo de 2013

Cambios químicos

É un proceso levado a cabo por uns organismos microscópicos denominados descompoñedores. Estes descompoñen a materia orgánica en substancias como sales minerais.

Unha reacción química é un proceso no que unha ou máis substancias,os reactivos, se transforman noutras substancias diferentes, os produtos da reacción. Un exemplo de reacción química é a formación de óxido de ferro producida ó reaccionar o osíxeno do aire co ferro.
Unha reacción química xorde da reordenación dos átomos presentes nos reactivos que ó reagrupárense de distinta maneira darán lugar ós produtos. Nunha reacción química rómpense ou fórmanse enlaces entre os átomos.
Unha reacción química pode representarse pola correspondente ecuación química, na cal se indican as fórmulas químicas dos reactivos e dos produtos. Con frecuencia, indícase tamén o estado dos mesmos mediante abreviaturas como s , estado sólidolestado líquidog , estado gasoso

1 comentario: